Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

Expertos en Ciberseguridade danse cita en Compostela a semana vindeira nunha xornada organizada polo CPEIG

Logo CPEIG

Un amplo elenco de expertos en ciberseguridade daranse cita en Santiago de Compostela o vindeiro 16 de xuño convidados polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), baixo o patrocinio da firma Emetel e a colaboración de Abanca e Ackcent. Mediante a “I Xornada de Ciberseguridade en Galicia. Protexendo os nosos Activos”, o colexio profesional conecta co reto da seguridade e a privacidade, unha das principais preocupacións de usuarios e administracións.

A asistencia ao encontro é aberta, previa inscrición no correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. e terá lugar no Centro Abanca Obra Social, na praza de Cervantes, en Santiago de Compostela.

Programa

A xornada comezará ás 10 da mañá cunha benvida institucional na que participarán o presidente do CPEIG, Fernando Suárez; a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira; o director xeral de Emetel, Manuel Lago; e Roberto Baratta, Global Executive VP and director of Loss Prevention, Business Continuity and Security de Abanca.

A continuación, ofrecerase uha serie de relatorios a cargos dos seguintes expertos: Francisco García Morán, chief IT advisor da Comisión Europea; Daniel Fírvida, IT security analyst, CEH, GCFA&CISSP do Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe); e Gianluca D’Antonio, director de Seguridade da Información e Riscos Tecnolóxicos do ISMS, Asociación Española para o Fomento da Seguridade na Información.

Despois dun descanso, celebrarase a mesa redonda "Ciberseguridade, retos diante da nova ameaza", moderada por Roberto Baratta e na que intervirán Guillermo Llorente, subdirector xeral de Seguridade e Medio Ambiente de Mapfre; Román Ramírez, fundador de Roote, responsable de Seguridade en Arquitecturas, Sistemas e Servizos de Ferrovial; e Fernando Picatoste, leader of Security Practice de Deloitte España.

+ info http://www.cpeig.org/portal/node/2861

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 243 invitados y ningún miembro en línea

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.