Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

17 e 18 de xuño Surfing the Lérez 2016 (precioso cartel publicitario)

Surfing the Lérez chega a súa sexta edición -a cuarta na Illa das Esculturas- máis galego que nunca. O 99% dos participantes neste romaría do rock&roll son da terra, subliñaron a concelleira de Festas, Carme da Silva e Marcos Rivas, organizador do festival. O evento, xa consolidado, celebrarase na tarde do venres 17 de xuño e o sábado 18, e dicir, esténdese media xornada máis respecto ás edicións anteriores. Trátase dunha cita musical e de lecer para todas as idades, na que se ampliará a zona infantil e na que terá cabida música do mais variado: pop, rock, garage, rock sesentero, blues, bandas de Pontevedra, de Santiago, A Coruña… 

Carme da Silva agradeceu, unha vez máis, a colaboración da asociación de veciños e da comunidade de montes de Lérez.

A cita terá de novo unha vertente solidaria: recollida de alimentos non perecedoiros (leite, cacao, pastas, café, aceite, latas de conserva…), cueiros, produtos hixiénicos… para a Redeaxuda. A asistencia ao Surfing the Lérez e de balde pero pídese que os que se acheguen que fagan unha doazón. O pasado ano recolléronse 4 toneladas e os organizadores agardan nesta ocasión ir máis alá, até as cinco.

O venres 17 de xuño está prevista a actuación de cinco bandas (18.45-22.45 horas) e o sábados serán trece os grupos que suban aos dous escenarios preparados (12.15-22.40 horas).

Co fin de completar a oferta e animar a participación no Surfing the Lérez estanse a desenvolver dende o pasado 7 de xuño actividades vencelladas a esta cita (concertos, charlas, cine…) en locais da cidade, o que seguirá a ocorrer até o día anterior ao comezo do festival.

fonte http://www.pontevedra.gal

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 232 invitados y ningún miembro en línea

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.