Aldeagalega

Aldeagalega.com es el portal de noticias que te interesan, diferente, con menos política y mas actualidad. Un portal distinto, pensado para la gente joven, como tú, que busca modernidad y a la vez conocer las noticias de tu localidad. Síguenos para estar informado ;) this

O Pleno municipal dá luz verde á Renda Social Municipal que "contribuirá a facer unha cidade máis xusta e habitable" e dará cobertura ás persoas que se atopan en risco de exclusión

O Pleno municipal deu estar tarde o visto e prace á ordenanza da Renda Social Municipal, unha cobertura económica periódica que servirá para que todas as persoas da cidade en situación de vulnerabilidade que non perciban a Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga) ou outras prestacións económicas, poidan facer fronte ás súas necesidades máis básicas, tales como alimentación, vivenda, pago de cotas de alugueiro, vestimenta ou outro tipo de necesidades. Os veciños e veciñas que poidan acceder a esta prestación terán que cumprir unha serie de requisitos, entre eles, estar empadroadas, ser maiores de 18 anos e colaborar en itinerarios de inclusión social que levarán a cabo traballadoras sociais de referencia. A ordenanza saiu adiante co voto favorable do grupo de Goberno, así como do PSOE e a abstención do PP e o BNG. O alcalde, Xulio Ferreiro, manifestou ao fío que "existen políticas que retratan a un Goberno municipal, políticas que son metáforas de quen exerce a inmensa honra de gobernar unha cidade coma a nosa". "Estou certo de que isto acontece coas políticas que estamos a seguir de recuperación da memoria histórica, co carácter laico das institucións democráticas ou cos encontros participativos Dillo ti. Hai outras políticas que poden definir un mandato, como é o caso da remunicipalización de servizos públicos ou os orzamentos participativos", comentou Ferreiro, quen quixo destacar a Renda Social Municipal como unha media especialmente desexada "que combate a desigualdade crecente na nosa sociedade, unha pandemia da que non é allea A Coruña".

O primeiro edil destacou o feito de que esta prestación social se aprobase en Pleno no primeiro aniversario da chegada do actual grupo de Goberno ao Pazo de María Pita. "Hoxe, recordando as palabras de Domingos Merino podemos dicir que é outro día alegre e histórico. Esta renda social non é somentes dun Goberno municipal, é a medida máis participada e con maior consenso que acadamos até o momento. Ao longo deste ano, a Renda Social Municipal foi salvando todos os obstáculos que se lle presentaron, e foi crecendo, recibindo achegas de todos os grupos municipais, dos e das traballadoras sociais e das entidades do sector que, en ocasións, deben soportar un peso demasiado grande", comentou Ferreiro, quen recordou que esta prestación --que se basea en axudas directas ás persoas solicitantes que sigan uns itinerarios de inclusión--, ten unha reserva orzamentaria de 2,1 millóns de euros, co que se estima que se poderá axudar a recuperar a súa autonomía a preto de 1.000 familias da cidade. "É unha oportunidade para gañar autonomía e construír unha vida de seu, en definitiva para acadar o que todos e todas merecemos, e o que todos e todas queremos para a nosa xente", dixo.

Pola súa banda, a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, indicou que esta medida, na que o Goberno local traballou dende a súa chegada ao Concello "é unha realidade, aínda que moitos e moitas pensaban hai meses que se trataba dunha quimera á que non chegariamos". "Quixemos ir a modo para lograr que esta norma sexa irreversible, que se manteña goberne quen goberne", indicou Cameán, que recordou que a prestación da renda social oscila entre os 500 e os 1.000 euros dependendo dos membros da unidade familiar solicitante. "As políticas sociais non se poden reducir simplemente a pagar facturas, require do acompañamento, por iso contemplamos os itinerarios de inclusión, para lograr que as persoas que solicitan esta renda recobran de novo a autonomía vital á que todos temos dereito", comentou a responsable municipal, que destacou o reforzo que o Goberno local prevé levar a cabo no cadro de persoal municipal encargado de xestionar esta renda. "Cando se fai xustiza social faise historia, porque a sociedade avanza. Hoxe todos e todas debemos sentir un gran orgullo, porque aprobamos unha norma que nos transformará nunha cidade máis amable e habitable", comentou. "A renda social municipal nace coa finalidade de poñer en valor o benestar que lle foi secuestrado a moita xente. Hoxe traemos a Pleno unha ordenanza que busca a xustiza social e a redistribución da riqueza. Articular ferramentas transformadoras non só é unha cuestión de responsabilidade é unha obriga de todos e todas as representantes públicas. Chegou o día no que este Concello se sitúa no bando a xente e avanza cara a igualdade", explicou.

O proxecto de Renda Social Municipal estipula que o pago da prestación económica ten un máximo de 18 meses, e sempre estará vinculado ao establecemento de itinerarios de inclusión activa orientados ao logro da mellora persoal e social das persoas beneficiarias e a súa unidade de convivencia. A contía máxima da axuda será o 100% do IPREM (o indicador estatal de referencia para a prestación de axudas sociais) para unidades de convivencia dun único membro e irá aumentando en 20 puntos porcentuais por convivinte adicional até un máximo do 200% do IPREM.

Outros acordos

Por outro lado, o Pleno municipal deu tamén luz verde ao expediente de aprobación de recoñecementos extraxudiciais de obrigacións por valor de máis de 823.000 euros para imputar ao Orzamento 2016, así como a declaración de especial interese ou utilidade municipal á empresas José Luís Correa Kessler SL e Lonja da Coruña SA, por concorrer circunstancias sociais e de fomento do emprego que lle permitirán acollerse --en base ás Ordenanzas Fiscais impulsadas polo Goberno local-- a unha bonificación do 50% da cota íntegra sobre o Imposto de Bens Inmobles (IBI) para o exercicio 2016. Do mesmo xeito o Pleno deu o visto e prace a aprobación inicial do suplemento de crédito do Orzamento do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) acordado polo Consello Reitor do organismo o pasado 1 de xuño, cunha emenda presentada polo PSOE e que foi aceptada polo grupo de Goberno, así como unha transferencia de crédito acordado pola mesma entidade.

fonte http://www.coruna.es

 

Login

joomla user login module

Videos

Recomendaciones

Recomendaciones

Estrenos de cine

Gente online

Hay 163 invitados y un miembro en línea

  • RobertBetty

Utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecer una mejor experiencia a los usuarios. Para saber más, haz clic en el siguiente enlace política de privacidad. Acepto las cookies de este sitio.